23 de março de 2013

Voar


Esta tarde estiven, entre outros lugares, no mirador do Ézaro, co telúrico Pindo de fronte, o Xalhas desembocando no mar, e o encoro e as instalaciós elétricas que lhe dan ainda máis aridez á vista. Sentin-me livre. Evoquei.

Recordei os épicos ciclistas subindo esas congostras que rompen os riles, o verán pasado na volta ao Reino de Espanha.

Ao lonxe estaba un mar que é océano, en posición de alerta. Un outro continente a miles de kilómetros. Via-se cabo Fisterra tamén, solicitando tópicos. No medio da bahía, un barco mercante errático, que obrigaba a preguntar-se que caralho era e que levaría dentro.

Feros corvos. Sentin-me livre. Por alí vaguei xunto con V. Nun momento levantei os meus fráxiles brazos, cinguidos por un cómodo chuvasqueiro moderniki e estiloso de H&M, pra rozalos ca inmensidade.

Do Pindo baixaron nubres grises, con vetas negras. Comezou a chover xusto no momento en que decidín voltar ao coche.

Recomendo-vos ese lugar. Pondal tamén:

"Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás;
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañan;
¡Quen poidera ser voso compañeiro
Pol-a gándra longal!

Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, com' as brétomas
Dos curutos escuros;
E unha ruda e salvage
Incrinacion dos seres vagamundos.

Algo do rudo vento
Q' azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato,
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!

Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Ques' espaIlan de XáIIas poI-as gandras."

Viva a épica






Nenhum comentário:

Postar um comentário