23 de fevereiro de 2013

Gato por lebre

"Só sei que nada sei", dicía Sócrates, e nestes momentos de transformación, de salto, menos aínda, iso que o que cómpre é ter a mente máis ben aberta.
Sei se cadra que a condición indispensável para unha sociedade máis democrática é fomentar o espíritu crítico nas persoas, nos individuos, e iso implica máis ou menos a capacidade para receber calquera discurso, venha de onde venha, cun pouso de desconfianza, de cuestionamento, de dúbida. Mais tamén se cadra para que se den as condicións para ter un nivel alto de cidadanía crítica cómpre o benestar material, a coesión social, a igualdade. Ou?

Entendo que nos momentos de crise haxa discursos de tábula rasa. De feito sempre hai dscursos de tábula rasa. Ninguén se libra da tábula rasa. No acaloramento menos. Despois acabas dicindo, perdón, escedinme.

O caso é que os tempos cambian, hai folhas en branco e castelos de area de construir. Mais, volvendo ao principio, tenho a sensación de que avanzaremos coma sociedade (que é do que se trata) primeiro se conseguimos un sistema económico sen estes desequilibrios e segundo se avanza o espíritu crítico das persoas. No espíritu crítico debería haber unha componente ética que non chegara ao moralismo anti-humano, que tampouco somos nen seremos sant@s.

A verdade conquístase en círculos concéntricos, é poliédrica; a realidade é múltiple e contraditória, que dicía un anuncio de La 2 hai ben anos.

Bah, acabo o rollhaco, desconcentreime lendo foros onde a xente se pon a parir...