29 de março de 2013

Eu tamén quero falar de soberanismo

Eu tamén quero falar diso, inda que sexa con pouca teorización política. Fala-se e debate-se muito sobre galeguismo, nacionalismo galego, soberanismo, independentismo, dereito a decidir, e tumba e dá-lhe. Pra min no fundamental estes conceitos venhen a definir o mesmo, e se cadra o que pasa é que uns senten-se mais cómodos aquí e outr@s acolá, e tamén se cadra se trata de que estratexia seguir ante a realidade social do país, ben dura nesta cuestión.

O que quero resaltar é que se tivera que reducir o asunto este a unha soa palavra concreta e operativa esta sería: AUTOORGANIZACIÓN, e non só política, senón en todos os eidos imaxináveis da complexidade social.

Autoorganización é soberanía en si mesma, é construción nacional per se, é produción de discurso propio, é a premisa básica do galeguismo político. Os debates filosóficos están moi ben, son necesarios, mais a proba do algodón do asunto está, na minha opinión, neste conceito operativo.

E que ninguén pense que a autoorganización está renhida co universalismo, co cosmopolitismo e cunha concepción aberta da identidade e do mundo. Faltaria máis!

E partindo desta base e dos principios democráticos, que benvid@s sexan tod@s @s galeguistas e todos os galeguismos...os independentistas, as rapeiras, os gordos, as seguidoras e detractoras de Chávez, os soberanistas, as fracas, os "pijos", as altas, os comunistas, as social-liberais, os de orixe magrebí ou neozelandés, as cafres, os bondadosos, as socialdemócratas, os altermundistas, as anarquistas, os despistados, as "jipis", os marxistas da rama marxiana, as reintegratas, os frikis da informática, as indies, os labregos, as autónomas, os cristiáns de base, as fans do cine xaponés, os corredores de fondo, as pequeno-burguesas,....e un ben longo etcétera que dure mil primaveras.


Nenhum comentário:

Postar um comentário