29 de março de 2013

Eu tamén quero falar de soberanismo

Eu tamén quero falar diso, inda que sexa con pouca teorización política. Fala-se e debate-se muito sobre galeguismo, nacionalismo galego, soberanismo, independentismo, dereito a decidir, e tumba e dá-lhe. Pra min no fundamental estes conceitos venhen a definir o mesmo, e se cadra o que pasa é que uns senten-se mais cómodos aquí e outr@s acolá, e tamén se cadra se trata de que estratexia seguir ante a realidade social do país, ben dura nesta cuestión.

O que quero resaltar é que se tivera que reducir o asunto este a unha soa palavra concreta e operativa esta sería: AUTOORGANIZACIÓN, e non só política, senón en todos os eidos imaxináveis da complexidade social.

Autoorganización é soberanía en si mesma, é construción nacional per se, é produción de discurso propio, é a premisa básica do galeguismo político. Os debates filosóficos están moi ben, son necesarios, mais a proba do algodón do asunto está, na minha opinión, neste conceito operativo.

E que ninguén pense que a autoorganización está renhida co universalismo, co cosmopolitismo e cunha concepción aberta da identidade e do mundo. Faltaria máis!

E partindo desta base e dos principios democráticos, que benvid@s sexan tod@s @s galeguistas e todos os galeguismos...os independentistas, as rapeiras, os gordos, as seguidoras e detractoras de Chávez, os soberanistas, as fracas, os "pijos", as altas, os comunistas, as social-liberais, os de orixe magrebí ou neozelandés, as cafres, os bondadosos, as socialdemócratas, os altermundistas, as anarquistas, os despistados, as "jipis", os marxistas da rama marxiana, as reintegratas, os frikis da informática, as indies, os labregos, as autónomas, os cristiáns de base, as fans do cine xaponés, os corredores de fondo, as pequeno-burguesas,....e un ben longo etcétera que dure mil primaveras.


23 de março de 2013

Voar


Esta tarde estiven, entre outros lugares, no mirador do Ézaro, co telúrico Pindo de fronte, o Xalhas desembocando no mar, e o encoro e as instalaciós elétricas que lhe dan ainda máis aridez á vista. Sentin-me livre. Evoquei.

Recordei os épicos ciclistas subindo esas congostras que rompen os riles, o verán pasado na volta ao Reino de Espanha.

Ao lonxe estaba un mar que é océano, en posición de alerta. Un outro continente a miles de kilómetros. Via-se cabo Fisterra tamén, solicitando tópicos. No medio da bahía, un barco mercante errático, que obrigaba a preguntar-se que caralho era e que levaría dentro.

Feros corvos. Sentin-me livre. Por alí vaguei xunto con V. Nun momento levantei os meus fráxiles brazos, cinguidos por un cómodo chuvasqueiro moderniki e estiloso de H&M, pra rozalos ca inmensidade.

Do Pindo baixaron nubres grises, con vetas negras. Comezou a chover xusto no momento en que decidín voltar ao coche.

Recomendo-vos ese lugar. Pondal tamén:

"Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás;
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañan;
¡Quen poidera ser voso compañeiro
Pol-a gándra longal!

Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, com' as brétomas
Dos curutos escuros;
E unha ruda e salvage
Incrinacion dos seres vagamundos.

Algo do rudo vento
Q' azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato,
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!

Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Ques' espaIlan de XáIIas poI-as gandras."

Viva a épica






13 de março de 2013

Progresismo

Dado que existe o chavismo, o marxismo, o felipismo, o zapaterismo?, o aznarismo (puag), o juancarlismo, o fraguismo, o cristianismo, o peronismo, o leninismo, o troskismo, o estalinismo, o maoísmo, etc, etc, etc... vexo-me lexitimado para proclamar o breoganismo, mais eu son o único posível seguidor e podo disolver o movimento cando queira, cambiar os seus principios e os seus finais.

Así que queda inaugurado este pantano! Que me olvidaba do franquismo! E do salazarismo, e do...

6 de março de 2013