19 de abril de 2013

Empatía

As cousas hai que miralas con perspectiva. O sol de primavera destes días, despois do que choveu, non pode máis que fascinar a todo o mundo. A todo o mundo agás máquinas cortacéspede, segadoras e desbrozadoras.

Polo demais, verde que te quiero verde


11 de abril de 2013

O quiosco como metáfora

Di-me que xornais hai no quiosco do teu barrio e direi-che en que clase de país vives. Seguro que muitas veces escuitastes aquelo de que en Catalunya se vive un clima mediático abafante de nazionalismo único, coma se os mandos a distancia no Noreste peninsular non puidesen sintonizar Antena3, Tele5, Intereconomía e demais cadeas da "villa y corte" castelhana. Podo-vos asegurar que a riqueza mediática en Catalunya é provavelmente única no estado pola súa pluralidade. Nun quiosco de Barcelona, alén de El País, El Mundo, o ABC e La Razón, podes atopar La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Ara e El Punt/Avui, sen entrar polo miúdo en publicacións máis territoriais.

Vai xa máis dun ano que resido nun barrio de Compostela. E xa me adaptei á desolación inicial que me producía ir ao quiosco máis próximo e concluir que o único diario decente que podía levar era El País...buf...con El Correo Gallego vai incluído El Mundo, ABC e La Razón son para divertir-se na perruquería, e despois está...está...está...LA VOZ DE GALICIA...e non sabería como definir La Voz mais cada vez que hai eleciós na Galiza ou temas que afectan ao estatus quo político do país, como a relación de Feijoó con Marcial Dorado, definen-se por eles mesmos.

Coma cidadán galeguista e progresista e consumidor de información, o meu xornal non está nos quioscos. E non estou seguro que haxa un espacinho reservado para o mesmo. Mais a pregunta é a cant@s lhes pode pasar o mesmo e porqué caralho non nos ponhemos dacordo pra non desolarnos cada vez que miramos a estantería do quiosco.

The answer my friend is blowind in the wind.