14 de setembro de 2012

Raro

Ultimamente estou raro. De feito sentencio que a vida é rara e con isto non digo nada raro nin pasarei á historia das sentencias, que de todos modos se perderán no tempo. Ultimamente ando interesado pola política, concretamente a política do meu país, e pregúntome que estraño impuso nos leva a este interese. O amor pola humanidade? A xustiza social? Beiras está aí en primeira liña por elevado compromiso pola súa realidade? Ou é que lle pon a erótica das cámaras? Así con todo, non é por personalizar (que tamén ;) Estou confuso. Eu non derrubarei o capitalismo e confesarme anticapitalista quédame moi grande, prodúceme honestamente dislocación intelectual, mentras tecleo nun Acer con conexión a internet de R e miro os meu Camper recentemente mercados, e tal e tal e tal. Son reformista, confésoo, espero sexa perdoado. Case é consustancial á miña lacónica personalidade. Mañá é outro día. Quizais ou non ou sí día de ollar á realidade con ollos emocionalmente racionais ou asquerosamente materiais, no sentido sólido do termo material. Con liberdade, con esa liberdade que non é definible, con esa contradicción que fai que as cousas se escapen coma area entre os dedos. Menudo poeta. "Quien duda no espera remanso en el agua fiera", e xa me estou repetindo nos meus recorrentes temas, pra desesperación e abraio dos meus 2 ou 3 leitores fieis, que vos teño controlad@s. Quizais, ou non, ou sí, ou ni, a política sexa un rol máis no que sentirnos vivos, un teatro no que articular dogmas. Pra min a construcción de cousas boas. Cada vez gostaría de ser máis praxeolóxico, cos grandes relatos e as grandes etiquetas patino muito, sempre se me escapa algo nesas grandes bolas de aceiro atadas ao cerebro por unha cadea que son as ideoloxías. Son asquerosamente socialdemócrata heterodoxo adaptativo. Co corazón na esquerda. Esquerda, esa palabra santa que me atravesa, que non podo nin quero soltar. E simplemente é o lugar onde se sentaba o terceiro estado en non sei que parlamento da revolución francesa. E pregúntome eu, daquela había os cristos que hai agora. Seguro que sí. Así que mellor sempre estar vixiante e en todo caso a revolución, de existir, consiste en crear cultura para o cambio. Dixen

3 comentários:

  1. Dixeches e dixeches ben. Tamén se pode defender a economía de mercado e estar en contra do capitalismo. Le "La economía del bien común", por exemplo. Hai matices. Fan falta alianzas nas que os socialdemócratas non poden faltar. A política é a arte de organizarse para vivir mellor e non acabar a hostias. Moi humano, non?

    ResponderExcluir
  2. ...a política é o arte de acabar a hostias continuamente... con todo dios, e intentar sair indemne o que é máis difícil que o cubo de Rubik
    Por eso nos embauca ;)

    ResponderExcluir
  3. Gústame a intimidade da túa reflexión. Penso, sen embargo, que non é este momento para a socialdemocracia e a templanza, senón todo o contrario. Estamos vivindo a transformación da nosa sociadade, a volta á pobreza. Deberiamos armarnos de discursos novos, resistir, non aliarnos. Xa é tarde para defender ao pequeno empresariado galego fronte aos grandes grupos do Estado, ao pequeno comercio frente aos centros comerciais... Estades promovendo unha mensaxe perigosa, tan perigosa como as Grandes Ideoloxías: só contan os feitos, a praxe, as cousas non son brancas ou negras, hai moita gama de grises... Entremos, por favor, entremos na contradición ideoloxía-recursos-estilo de vida. Xa nos ía sendo hora.

    ResponderExcluir