Era Galeano o que popularizou o do "mundo ao revés", ou de como converter a opresión en oprimid@s. Un tenta sempre manter o espíritu crítico e non deixar de sorprenderse ca manipulación frustrante da realidade, algo que parece humano, demasiado humano.
Lonxe estou de crer que cada un ou unha d@s que queren independencia de Catalunya ou Euskal Herria son "hermanitas de la caridad" mais sí creo que @ que quere fundamentalmente esta xente é que estes territorios sexan países cando menos tan mediocres ou virtuosos como o é o estado espanhol.
Resulta que baixo o territorio espanhol actual a única democracia posible é a espanhola. Argumento: se Espanha é unha democracia, o que pretenda a súa destrución, a súa separación, non pode ser demócrata. Conclusión: un provável estado catalán ou basco serán dictaduras irrespiráveis. Hai xente que o cree! e agárrase a censuras como a do toureiro sen olho do WordPressPhoto ou aos impedimentos para gravar series televisivas. E seguramente estes casos sexan revisáveis, pero seguen vendo a palha no olho alheo e non a viga no propio.
En muitos campos de futebol do estado requísanse "estelades" catalanas ou "estreleiras" galegas por considerarse subversivas. Na pasada Vuelta ciclista a Espanha, no seu paso pola Galiza, varias persoas foron retidas polas forzas da orde por levar estreleiras e facer unha pintada do tipo "Galiza é unha nación".
Por qué o nacionalismo espanhol é democrático e o vasco ou o catalán se queren vaciar desa condición? Pregunta simple e resposta simple: calquera proxecto nacional é democrático cando se fundamenta nunha vontade política colectiva e no respeito aos direitos humanos e aos valores democráticos. Fagamos entón a proba do algodón e se cadra a puntuación do nacionalismo espanhol non supera aos outros.
E o grande problema é que a imaxe distorsionada se vai alimentando até crear un mundo paralelo que se reproduce a sí mesmo.
21 de outubro de 2013
18 de outubro de 2013
Alúmina Aluminio
Cando era un neno pre-adolescente (finais dos 80 e comezos dos 90) a etiqueta Made in Spain era recorrente na roupa que levabamos, nos alimentos, mesmo nos electrodomésticos e aparelhos electrónicos. Agora, é unha anécdota: China, Vietnam, Indonesia, BanglaDesh,...
Parece que a dinámica económica nos foi facendo meros consumidores de muitos produtos, mais non produtores, e paréceme a min que iso significa ir socavando os cimentos da sociedade até que se desmorone como un castelo no aire.
Por ser gráfico, tod@s queremos ser comunity manager, mais non vai haber empresas ás que posicionar.
Hai uns días o presidente Feijóo, que se concibe a sí propio como o representante do estado espanhol na Galiza, dicía que calquera cidadán entende que unha familia non pode gastar máis do que ten,e que o mesmo se extrapola a nivel macro para o sector público. O que non nos argumenta este vendedor de fume, cada día con máis cara de camaleón, é que, como pode explicar un Paul Krugman, un agregado de centos de miles de familias con caída de ingresos, afectadas polo desemprego e a baixada salarial, o que producen é unha contracción económica brutal, e que se a iso lhe sumas a mesma actitude no poder político, a sequeira aínda se acentúa.
A cuestión é se o poder político está na obriga de facer política económica con maiúsculas, olvidarse dos teitos de défice, e voltar a un papel activador da economía.
Non deixa de ser curioso por outra parte cómo foi precisamente a faciana máis especuladora e financeira do capitalismo á que meteu a muita xente na lóxica imparável dos anos dourados, de vivir por "encima das posibilidades", de posuír o que non tocaba a costa dun endebedamento privado promovido pola banca e tolerado polo estado.
Certo é que o sector público ten que melhorar a súa xestión, crítica e autocrítica que debe abordar o progresismo e as esquerdas, mais se algo podemos aprender desta crise é que a política debe regular e controlar a economía, do mesmo xeito que a cidadanía e a sociedade civil deben controlar a política, e o equilibrio social depende de contrapesos axeitados.
Eu non atopo outro caminho que unha decidida aposta por unha actualizada mais contundente política socialdemócrata. Onde está escrito que o estado non pode volver a promover a producción industrial ou defender sectores estratéxicos? Mesmo a Constitución Espanhola contempla tales políticas.
Xa non escrevo máis, creo que se me entende por onde vou.
12 de outubro de 2013
UPG 1964 PSG 1963
Primeiramente lede ou olhade isto.
Este post é un pouco provocador, cousa á que non acostumo, así que desculpen as molestias e os excesos de antemán.
Salsa rosa nacional-popular. A cousa évos divertida pero comeza a cheirar a naftalina ao mesmo tempo. Probablemente Beiras e Paco Rodriguez xa se caían mal antes de eu vir ao mundo (1979).
Sen dúbida son e serán xenios e figuras e hai que respetar a veteranía de quen contribuiu a proxectos forxados da nada. Mais opino que Beiras debería facer iso que leva anos e anos e anos dicindo que quere facer (tocar o piano e ilustrar con conferencias) e non fai porque lhe resulta tedioso e aburrido e ten adicción ás cámaras, aos focos e aos aplausos. E Paco Rodriguez, antes de dictar periódicas encíclicas para fustigar a impíos e desvíados do credo, debería adicarse unilateralmente a (seguramente xa o fai) impartir densas sesións de formación interna aos novos cadros do Partido.
Por favor, vento fresco e nova linguaxe desde a autoorganización.
Non saímos do arado.

4 de outubro de 2013
Recuperación
Hoxe, nunha copistería, un anuncio manuscrito dunha persoa (suponho que dunha mai) solicitaba cambiar os livros de texto do seu fill@ de 5º de primaria, xa caducos, polos de 6º do novo curso. Saín do establecimento un pouco emocionado, e ao pouco, un home pedía sentado nunha rúa cun letreiro que máis ou menos punha "Parado de la construcción. Pido una ayuda". Non era o que o imaxinario colectivo entendía até hai pouco coma un "pobre de pedir", é dicir, un excluído crónico acostumado a esa actividade. Seguramente este home até antes da crise levaba unha vida "normal". Esta tipoloxía de neoesmolantes proliferan polo centro de Compostela. Persoas absolutamente desposuídas pola crise que se vén obrigadas a pedir na rúa.
Onte un rapaz de 23 anos morría nun albergue de Sevilla con 30 kg de peso. E para colmo dos colmos sabemos do horroroso suceso de Lampedusa, centos de persoas mortas buscando a suposta melhor vida europea.
260 mil persoas estamos rexistradas como demandantes de emprego na Galiza. A cidade da Coruña enteira, excluíndo a contorna, para ser gráficos. Dos centos de miles de moz@s e non tan moz@s deste país que nunca deixaron de marchar melhor non falar, ou sí, porque eses nunca saen no trunfante Telexornal Mediodía da TVG. A nivel de estado somos 4 millóns 700 mil desempregad@s.
Eu non son amigo de grandes sentencias do tipo o capitalismo mata porque son o primeiro que se marabilha da incrível potencia de producción dese sistema económico. Basta olhar este portátil que estou tecleando. A cuestión é que o capitalismo non ten límites se non se lhe ponhen e a súa preocupación polos efeitos de exclusión social son igual a cero, agás que o conflicto social chegue ás portas das mansións dos barrios "bien".
Así que o que un podía agardar ante este panorama é que os mecanismos de protección social que temos (iso que se lhe chama estado de benestar) se visen fortalecidos para facer fronte a un exército de persoas sen trabalho, sen ingresos, pedindo polas rúas, sen posibilidade de mercar os livros d@s nen@s, e en casos extremos morrendo de inanición. E sen embargo o que parece é que eses mecanismos de protección se están erosionando, laminando, igualinho que as condicións de vida de muitas persoas onde a procesión vai por dentro, limando seres humanos e desgastando o contrato social.

25 de setembro de 2013
Malpensado
Voume meter un pouco en poleiro alheo: a proposta de Beiras de conformar cara as europeas unha fronte ampla a nivel estatal é obviamente lexítima, e terá, coma sempre, muitas e diversas interpretacións, pois cada un fala da misa coma lhe vai nela.
Eu quero ponher o acento en clave de táctica interna dentro do xogo político no nacionalismo galego post-Amio. Beiras e os seus saben que ANova e o BNG se sitúan no mesmo espazo ideolóxico e político, o soberanismo escorado na esquerda "real". As diferencias nese sentido son mínimas, se cadra estéticas. Beiras e os seus saben que que ANova consiga a fortaleza organizativa do BNG é sumamente difícil. Por iso se alían a Esquerda Unida, para marcar distancias e non resultar fagocitados a curto-medio prazo polo BNG. Beiras e os seus saben da potencialidade eleitoral do liderado do catedrático, xa contrastada nas galegas, xunto co ascenso eleitoral xeral de Esquerda Unida. En certo modo, a táctica é seguir facéndolhe a "puñeta" ao BNG pra nun futuro ter capacidade de negociación na correlación interna da esquerda nacionalista.
O que un menda lerenda non entende é coma desde posicións nidiamente galeguistas se pode xogar a botar abaixo o principio de autoorganización. Eu, persoalmente, non me distanciei do "mundo" BNG para sustituílo polo "mundo" Esquerda Unida. Ao BNG, e á UPG, haberá que reconhecerlhe o trabalho de décadas, tenaz e constante, de labrar un espacio sociopolítico para o nacionalismo, o que precisamente provocou a irrelevancia de Izquierda Unida na Galiza e que o sistema político galego non se homologase ao de Madrid ou ao de Murcia totalmente.
Distancieime do BNG, acho que pra sempre, porque considero que é necesario que o galeguismo político se diversifique política e ideoloxicamente e, nese plano, a minha tendencia persoal encándrase nun proxecto de centro-esquerda renovadora que ofreza unha alternativa de governo disposta á xestión pública e a vertebrar país e sociedade desde as institucións. Considero que isto é mui necesario para a transformación real do país dado o hostil contexto e que ese proxecto é o que defende Compromiso por Galicia.

17 de setembro de 2013
Cerimonia de confusión
Estes días leo cousas sobre Catalunya. Un cortado nun bar e ter que ler El Mundo. Certamente é muito máis diver ler El Mundo que el País, inda que por momentos tenhas a impresión de que melhor é ir mirando como tramitar un permiso de residencia a Australia.
Dúas cousas vou por sobre a mesa sobre o espanholismo mediático.
A primeira é a baixa consideración que se desprende pola sociedade catalana, nomeadamente polos sectores catalanistas. A cidadanía do Noreste semelhan unha especie de autómatas dispost@s a seguir como ratos aos Hamelins Oriol Junqueras e Artur Mas (para Ansón directamente Arturo), que son uns trastornad@s mentais. @s que conhecemos Catalunya sabemos que un dos seus puntos destacáveis é a vitalidade e complexidade da súa sociedade civil, que fai que, por así dicilo, a media de cultura política e de esixencia cara o poder político sexa máis elevada ca noutros territorios, desde logo que na Galiza...xa me gustaría!!!, e non só en termos de cuestión nacional.
A segunda é esa curiosa mensaxe de que o nivel de politización dos medios públicos e privados de comunicación crea un clima abafante antiespanhol, pro-soberanista. O primeiro que se me vén a cabeza é pensar na "ulcerante" TVG e en TeleMadrid. Máis niso poden ter un pouco de razón, especialmente desde a volta de CiU ao poder.. Tamén tenho que dicir que en termos xerais envexo a calidade, a programación e a factura dos medios de comunicación públicos de Catalunya. Mais hai unha segunda parte: calquera cidadán catalán en calquera punto de Catalunya pode mercar exactamente os mesmos xornais e pode ver as mesmas canles de TDT que en Madrid...é dicir, a oferta mediática en Catalunya é muito máis rica, dobremente rica e plural. De momento non hai Mossos d'Esquadra nas portas dos quioscos, inda que seguro que ha haber algún tertuliano da caverna que diga que xa chegará o momento.
Nada, por facer un pouco de contrapeso.

5 de setembro de 2013
O futuro do galego
Dos meus anos en Catalunya aprendín muitas cousas, e de variada índole, considerando que en todo lugar se aprende algo novidoso ou curioso.
Unha das cousas que aprendín é que o futuro dunha lingua minorizada se xoga fundamentalmente no ámbito da economía. O catalán é unha das poucas linguas minorizadas e sen estado do mundo que ten posibilidades de supervivencia, entre outros aspectos porque é unha lingua con valor nas relacións económicas. E iso nunha comunidade lingüística que abrangue un territorio que pode andar polos 13 ou 14 millóns de habitantes, incluíndo Catalunya, País Valencià, as illas Balears e territorios colindantes.
O futuro do galego non se xoga na publicación de livros de poesía ou novela, algo dignísimo e meritorio. Xógase na economía e hai que ir direto ao grao: formamos parte dunha comunidade lingüística de 250 millóns de persoas.
Como dicía Carvalho Calero, o galego ou é galego-portugués ou é galego-castelán. E cada vez é máis castelán e menos portugués. É o tabreiro de xadrez o que manda.
E agora marcho que tenho que marchar.
Obrigado.
17 de agosto de 2013
17 de Agosto
Hoxe é o día da "Galiza Mártir", lembrando o asasinato por fusilamento do líder galeguista Alexandre Bóveda pola barbarie falanxista un 17 de Agosto de 1936.
76 anos despois a barbarie non cesa. Imaxes e novas descorazonadoras venhen de Exipto, de Siria, etc. Dicía Herman Hesse que un "soldado morto é a eterna repetición dun erro". Habería que engadir que calquera persoa asasinada tamén.
A historia está elaborada de barbarie. O ser humano é ben contraditório, capaz de creacións marabilhosas para a súa supervivencia e de atrocidades desasosegantes.
Eu hoxe quero homenaxear os actos sinxelos da microhistoria. A meu avó paterno, por exemplo. Vigués de orixe, bo xogador de futbol, "pendenciero". Apenas o conhecín. Estalou a reacción feixista, chamárono a filas os sublevados, e desertou. Intentou pasar desapercibido e marchou de polizón nun barco a Cuba, coa mala sorte de que en chegando á ilha caribenha o descubriron e o mandaron de volta. Aplicáronlhe a lei de "vagos y maleantes" e desterrárono da provincia de Pontevedra.
Acho que non había unha especial motivación ideolóxica na deserción de Ventura Valcárcel, nen unha fidelidade consciente á República. Sinxelamente non quería ir á guerra. Non quería morrer e non quería matar.
E, sinceramente, non se me ocorre argumento máis poderoso ca ese.
Non á guerra.

27 de junho de 2013
A matanza do coaching
Xa o tenho claro. Pra saír desta crise e da situación de desemprego hai que implementar unha start-up, e logo unha spin-off. Para financiarse nada melhor que o crowsourcing mediante crowfunding, agardando que venha un business angel a apoiarnos. Obviamente necesitamos un posicionamento 2.0 online cun comunity manager que nos coloque nos social media. Se necesito apoio directivo a solución novidosa é o interim management. Pra ser eficiente e xerar networking o acaído é o coworking. E pra non tolear con todo isto imprescidível un coach. Mira que era sinxelo!
27 de maio de 2013
Real Madrid
Isto escribino hai uns días nun papel e agora reprodúzoo...
Vivir neste país? chamado Galiza conduce ao pesimismo. Gostaría de non caer nestas negativas lameiras, mais debe ser a brisa oceánica. Unha sociedade forte decide e constrúe, ou constrúe e decide, o que quere ser. Aquí non se decide nada. Aceitamos impasíveis os desígnios externos sen mediar resistencia algunha. A realidade e a interpretación da mesma son poliédricas mais a min gustaríame centrar o foco na seguinte aseveración: o gran drama da Galiza é a exasperante deixación de funcións das elites económicas do país? nun mínimo compromiso ou implicación co seu territorio. Matinade sobre isto porque outro galo cantaría.

Assinar:
Postagens (Atom)