As cousas hai que miralas con perspectiva. O sol de primavera destes días, despois do que choveu, non pode máis que fascinar a todo o mundo. A todo o mundo agás máquinas cortacéspede, segadoras e desbrozadoras.
Polo demais, verde que te quiero verde
19 de abril de 2013
11 de abril de 2013
O quiosco como metáfora
Di-me que xornais hai no quiosco do teu barrio e direi-che en que clase de país vives. Seguro que muitas veces escuitastes aquelo de que en Catalunya se vive un clima mediático abafante de nazionalismo único, coma se os mandos a distancia no Noreste peninsular non puidesen sintonizar Antena3, Tele5, Intereconomía e demais cadeas da "villa y corte" castelhana. Podo-vos asegurar que a riqueza mediática en Catalunya é provavelmente única no estado pola súa pluralidade. Nun quiosco de Barcelona, alén de El País, El Mundo, o ABC e La Razón, podes atopar La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Ara e El Punt/Avui, sen entrar polo miúdo en publicacións máis territoriais.
Vai xa máis dun ano que resido nun barrio de Compostela. E xa me adaptei á desolación inicial que me producía ir ao quiosco máis próximo e concluir que o único diario decente que podía levar era El País...buf...con El Correo Gallego vai incluído El Mundo, ABC e La Razón son para divertir-se na perruquería, e despois está...está...está...LA VOZ DE GALICIA...e non sabería como definir La Voz mais cada vez que hai eleciós na Galiza ou temas que afectan ao estatus quo político do país, como a relación de Feijoó con Marcial Dorado, definen-se por eles mesmos.
Coma cidadán galeguista e progresista e consumidor de información, o meu xornal non está nos quioscos. E non estou seguro que haxa un espacinho reservado para o mesmo. Mais a pregunta é a cant@s lhes pode pasar o mesmo e porqué caralho non nos ponhemos dacordo pra non desolarnos cada vez que miramos a estantería do quiosco.
The answer my friend is blowind in the wind.

29 de março de 2013
Eu tamén quero falar de soberanismo
Eu tamén quero falar diso, inda que sexa con pouca teorización política. Fala-se e debate-se muito sobre galeguismo, nacionalismo galego, soberanismo, independentismo, dereito a decidir, e tumba e dá-lhe. Pra min no fundamental estes conceitos venhen a definir o mesmo, e se cadra o que pasa é que uns senten-se mais cómodos aquí e outr@s acolá, e tamén se cadra se trata de que estratexia seguir ante a realidade social do país, ben dura nesta cuestión.
O que quero resaltar é que se tivera que reducir o asunto este a unha soa palavra concreta e operativa esta sería: AUTOORGANIZACIÓN, e non só política, senón en todos os eidos imaxináveis da complexidade social.
Autoorganización é soberanía en si mesma, é construción nacional per se, é produción de discurso propio, é a premisa básica do galeguismo político. Os debates filosóficos están moi ben, son necesarios, mais a proba do algodón do asunto está, na minha opinión, neste conceito operativo.
E que ninguén pense que a autoorganización está renhida co universalismo, co cosmopolitismo e cunha concepción aberta da identidade e do mundo. Faltaria máis!
E partindo desta base e dos principios democráticos, que benvid@s sexan tod@s @s galeguistas e todos os galeguismos...os independentistas, as rapeiras, os gordos, as seguidoras e detractoras de Chávez, os soberanistas, as fracas, os "pijos", as altas, os comunistas, as social-liberais, os de orixe magrebí ou neozelandés, as cafres, os bondadosos, as socialdemócratas, os altermundistas, as anarquistas, os despistados, as "jipis", os marxistas da rama marxiana, as reintegratas, os frikis da informática, as indies, os labregos, as autónomas, os cristiáns de base, as fans do cine xaponés, os corredores de fondo, as pequeno-burguesas,....e un ben longo etcétera que dure mil primaveras.

23 de março de 2013
Voar
Esta tarde estiven, entre outros lugares, no mirador do Ézaro, co telúrico Pindo de fronte, o Xalhas desembocando no mar, e o encoro e as instalaciós elétricas que lhe dan ainda máis aridez á vista. Sentin-me livre. Evoquei.
Recordei os épicos ciclistas subindo esas congostras que rompen os riles, o verán pasado na volta ao Reino de Espanha.
Ao lonxe estaba un mar que é océano, en posición de alerta. Un outro continente a miles de kilómetros. Via-se cabo Fisterra tamén, solicitando tópicos. No medio da bahía, un barco mercante errático, que obrigaba a preguntar-se que caralho era e que levaría dentro.
Feros corvos. Sentin-me livre. Por alí vaguei xunto con V. Nun momento levantei os meus fráxiles brazos, cinguidos por un cómodo chuvasqueiro moderniki e estiloso de H&M, pra rozalos ca inmensidade.
Do Pindo baixaron nubres grises, con vetas negras. Comezou a chover xusto no momento en que decidín voltar ao coche.
Recomendo-vos ese lugar. Pondal tamén:
"Feros corvos de Xallas,
Que vagantes andás;
En salvage compaña,
Sin hoxe nin mañan;
¡Quen poidera ser voso compañeiro
Pol-a gándra longal!
Algo de vago e fero,
Do meu ser no profundo
Eu levo, com' as brétomas
Dos curutos escuros;
E unha ruda e salvage
Incrinacion dos seres vagamundos.
Algo do rudo vento
Q' azouta o cabo Ougal;
Do salvage miñato,
Que leva o vento soán;
E con nobre ufanía,
O esquivo mato registrando vai!
Algo das vagas brétomas,
Algo das uces altas,
Algo dos libres corzos,
E das feras bandadas
Dos corvos vagamundos,
Ques' espaIlan de XáIIas poI-as gandras."
Viva a épica!
13 de março de 2013
Progresismo
Dado que existe o chavismo, o marxismo, o felipismo, o zapaterismo?, o aznarismo (puag), o juancarlismo, o fraguismo, o cristianismo, o peronismo, o leninismo, o troskismo, o estalinismo, o maoísmo, etc, etc, etc... vexo-me lexitimado para proclamar o breoganismo, mais eu son o único posível seguidor e podo disolver o movimento cando queira, cambiar os seus principios e os seus finais.
Así que queda inaugurado este pantano! Que me olvidaba do franquismo! E do salazarismo, e do...

6 de março de 2013
Melhor riguilete que comandante
Chávez molaba máis con chándal bolivariano que con traxe militar. A minha profunda reflexión.
e tal e cual
e tal e cual
23 de fevereiro de 2013
Gato por lebre
"Só sei que nada sei", dicía Sócrates, e nestes momentos de transformación, de salto, menos aínda, iso que o que cómpre é ter a mente máis ben aberta.
Sei se cadra que a condición indispensável para unha sociedade máis democrática é fomentar o espíritu crítico nas persoas, nos individuos, e iso implica máis ou menos a capacidade para receber calquera discurso, venha de onde venha, cun pouso de desconfianza, de cuestionamento, de dúbida. Mais tamén se cadra para que se den as condicións para ter un nivel alto de cidadanía crítica cómpre o benestar material, a coesión social, a igualdade. Ou?
Entendo que nos momentos de crise haxa discursos de tábula rasa. De feito sempre hai dscursos de tábula rasa. Ninguén se libra da tábula rasa. No acaloramento menos. Despois acabas dicindo, perdón, escedinme.
O caso é que os tempos cambian, hai folhas en branco e castelos de area de construir. Mais, volvendo ao principio, tenho a sensación de que avanzaremos coma sociedade (que é do que se trata) primeiro se conseguimos un sistema económico sen estes desequilibrios e segundo se avanza o espíritu crítico das persoas. No espíritu crítico debería haber unha componente ética que non chegara ao moralismo anti-humano, que tampouco somos nen seremos sant@s.
A verdade conquístase en círculos concéntricos, é poliédrica; a realidade é múltiple e contraditória, que dicía un anuncio de La 2 hai ben anos.
Bah, acabo o rollhaco, desconcentreime lendo foros onde a xente se pon a parir...

23 de dezembro de 2012
Eu bem me entendo
Íame ponher a desbarrar e entero-me da morte de Ceferino Díaz, galeguista senlheiro do PSdG, um home que destilaba autenticidade. Quizais con máis motivo debo encetar coma quería o meu comentario. Nom gosto de ser moralista, inda que tod@s o sejamos um pouco. O caso é que isto pasa cando o país no que respiras se parece pouco ao país que tés na cabeza, ao que imaxinas. Tenho a sensación de que para muita xente na Galiza, e tamén fóra dela, a modernidade consiste em ir os Sábados pola tarde ao novo megacentro comercial e a prova xa indiscutível de que estamos homologad@s aos estandáres europeus é que neste centro comercial haxa H&M. Iso sí que é Unión Europea. Claro, eu cando penso en modernidade venhen-me aos miolos esas vilas cuase idílicas (se non for polo recargolamento pancarteiro) do norte de Nafarroa, onde o raro é atopar un caserío abandonado. Nom vou ser eu quem diga STOP centros comerciais!...que tamén os visito de vez en cando e cómodos van sendo, e os de Leitza son abertxales mais tamén suponho que baixan a Donosti e mercar no que haxa por alí. Mais coma di meu pai, eu ben me entendo co que quero dizer. Aquí o deixo, a ver que entendedes vós.
26 de novembro de 2012
A minha leitura das elecións catalanas
Catalunya é fascinantemente complexa e estas elecións do 25-N volven a plasmar a riqueza política (derivada da complexidade social) do país do noreste peninsular. Vaia por diante que son un catalanófilo, estimo esa terra e esas xentes diversas e por tanto peco de paixón.
Resúltame fascinante desde un punto de vista politolóxico a forma en que as forzas políticas en Catalunya, tanto as asentadas coma as que emerxen, plasman tan nítidamente os intereses e sensibilidades dos diversos estratos da sociedade catalana, de tal maneira que case poderíamos facer unha deconstrución da mesma ao estilo Ferrán Adrià, en base aos dous eixos que son autónomos e que tan perfilados e matizados están no sistema político e social, cos seus debidos vasos comunicantes. Dunha banda o eixo nacional, catalanismo/soberanismo versus españolismo, doutra banda o eixo social esquerda/clases populares vs dereita comandada pola alta burguesía. E con estes eixos podemos ir colocando a cadaquén no tabreiro coma se dun puzzle se tratase, puzzle imperfecto e poliédrico obviamente. CiU no centro-dereita nacionalista, PSC no centro-esquerda semicatalanista/semiespañolista, ERC no centro-esquerda soberanista, o PP no centro-dereita españolista, ICV na esquerda catalanista matizada, Ciutadans nunha especie de remexido outsider de españolismo centrista, as CUP na esquerda radical independentista, PxC a ultradereita conservadora, Solidaritat independentismo centrista.
Ben, despois disto vou tentar dar as minhas claves das elecións partindo da premisa de que inda sendo certo que o eixo nacional era o preponderante mediaticamente nestas elecións, en Catalunya, o eixo social, máxime nesta situación de crise económica, nunca pode deixarse de lado.
Eixo nacional. Seica en Madrid se congratulan de que o soberanismo fracasase. O que fracasou, con matices, foi a estratexia de CIU de capitalizar o proceso social soberanista obtendo esa maioría "excepcional". Ainda así, convén dicir que a CIU máis radicalizada e soberanista, desgastada pola brutal adopción de medidas anti-sociais de visión neoliberal, obtivo 1 millón cen mil votos, máis do dobre co segundo partido. Mais vaiamos aos números...as forzas políticas que levaban o dereito a decidir no seu programa eleitoral, nunhas elecións moi centradas neste aspecto, suman máis de 2 millóns 100 mil votos (CIU+ERC+ICV+CUP+SI) fronte aos 800 mil votos pasados que suman as forzas contrarias ao dereito a decidir por presupor que Catalunya é parte da nación española (PP+ C'S+ suponho Plataforma x Catalunya). Entre medias sitúanse os 525 mil votos dun PSC federalista que acepta o dereito a decidir dentro dunha consulta legal. Con estes datos na man na minha opinión sería unha FRAUDE DEMOCRÁTICA tirar atrás un proceso nacional cando menos de consulta á cidadanía. Ou valen máis os votos españolistas que os favorábeis á autodeterminación? Que clase de fracaso é este do soberanismo?
Dito isto, gustaríame facer unha reflexión que acho tamén debería facer con serenidade o conxunto do catalanismo político. O proceso social e político hexemónico soberanista que leva xa anos movéndose en Catalunya está creando un contra-proceso españolista de sectores non hexemónicos mais significativos da sociedade catalana, especialemente na area metropolitana de Barcelona, que é onde está o meollo demográfico do país. Falamos claramente das clases populares de orixe español (en xeral), xa non só d@s pioneir@s senón de segundas ou mesmo terceiras xeracións moi refractarias á transversalidade catalanista. Non tenho dados comparados (non os miro por preguiza) mais estou certo que o españolismo explícito (PP + C,S) logra nestas elecións o melhor resultado da historia da actual autonomía catalana. Paradóxico mais aí está a cousa. Nestes estratos da sociedade catalana xoga un papel fundamental en termos de coesión social e nacional o PSC, que sempre actuou coma espazo de interacción entre esta poboación de orixe español e Catalunya coma feito diferencial, desde unha óptica progresista. O PSC retrocedeu muito nestas elecións mais o PSC éche muito PSC e ben faría o catalanismo político en considerar que o seu espazo na política catalana é central para a coesión social e nacional de Catalunya. Estou certo que ese papel vaino seguir xogando e nese sentido creo que a mensaxe de centro-esquerda federalista que deron artella unha sensibilidade mui significativa fagocitada pola polarización que provoca a crise económica e o conflito nacional.
O eixo social é o que probábelmente frustrou o plan Mas, que non o proceso soberanista ou de avance nacional. Os avances de ERC, ICV e as CUP son un toque de atención á alta buguesía catalanista ( e ollo que en Catalunya tamén hai alta burguesía españolista) de que muita xente na avanzada Catalunya quere compaxinar o avance nacional co social, cando non priorizar este último eixo. Tamén habería que analizar máis en detalle se ERC capitalizou o voto independentista por consideralo algúns sectores máis auténtico, e ata que punto desgastou a CIU e a Mas a campaña de El Mundo.
Nada mais polo momento, a ver se este pobre disparo ao aire vos suxire algo e non vos cae o casquillo na cabeza.
Ah, só unha cousa. Se chegastes aquí só dicirvos: a información, cantos menos intermediarios tenha, melhor. E menos se @s intermediari@s están na capital do estado. Hoxe as novas tecnoloxías permiten acceder aos medios de Catalunya con facilidade e non vos preocupedes, alí hai para todos os gustos. A senyera catalana en realidade debería ser de colorines, coma é o propio país real.
Resultados aquí

20 de novembro de 2012
Galiza
Xa vai case para un ano que voltei á minha Galiza natal, despois dunha longa estada en Catalunya, onde fixen todo o posíbel por empaparme das cousas novas que vía. A emigración é un drama colectivo mais certo é que sair do nío matrio concede unha riqueza e unha perspectiva que mesmo axuda a ver con outros olhos a propia realidade galega.
E hoxe quixera centrarme en reflexionar sobre Galiza. Dóeme este país porque non se corresponde case nada ca idea de país que a min gustaría. Suponho que non pasa nada, tampouco é cousa de obsesionarse, mais hai tanto trabalho por facer!
Observo en Galiza unha sociedade descabezada, sen discurso propio, sen autoestima, sen poder económico e político. A cuestión lingüística é o máis elevado síntoma de todo isto. Vaia por diante que considero tanto o castelán coma o galego (coma @s usuari@s destes idiomas) igualmente dignos e válid@s. A cuestión non é esa. O cerne do problema é o que un proceso de substitución lingüística significa. É para min significa a carencia de elementos de vertebración propia, de poder propio pra espallar un discurso que equilibre a construción nacional ca necesaria apertura ao mundo. Pasear polos centros das nosas cidades é a constatación do trunfo burgués (no sentido literal de burguesía, de xente do burgo) da castelanización, e moi especialmente entre a xente nova. A día de hoxe non contamos con ningún xornal diario en galego e a xente consume diarios galegos ou madrilenhos sen un mínimo discurso galeguista. As canles de televisión que vemos son fundamentalmente madrilenhas, igual que as radios, agás a radiotelevisión pública galega. Galiza non ten unha burguesía nacional, senón unha burguesía sucursalista e mesmo acomplexada do país, que admira e aspira a ser madrilenha. O galego que se fala está fortemente castelanizado, son muitos séculos dunha influencia que agora se fai abafante.
Reitero que do tema da língua o relevante en sí é o que revela en termos de construción dunha sociedade, e o que revela é dependencia e sobre todo, descabezamento, carencia de poder propio e por tanto incapacidade para a propia vertebración. Por por outro exemplo significativo (podería haber centos) á maioría de galeg@s cando lles preguntas de que equipo de futebol son non che contestan en primeiro termo en clave de Dépor/Celta senón de Real Madrid/Barcelona.
É por iso que así as cousas e con esta estrutura social non é de estranar que tenhan bastante razón os que din que o nacionalismo galego só é viábel en parámetros de esquerda e de captación nas clases medias e populares. Efectivamente o nacionalismo galego está sustentado en sectores das clases medias ou medias baixas ilustradas, sendo honrosas as excepcións de nacionalistas empresári@s de certo calado. Con todo a estrutura social tamén cambia e Galiza non é alhea a estes cambios, e sería (coma parece que comeza a ser) sintomático de avance que o nacionalismo galego despregue referentes ideolóxicos diversos con certa consistencia.
Isto só é unha reflexión. Cómpre non desfalecer. Hai muito trabalho por facer e en muitos ámbitos. E na minha opinión sendo como é o nacionalismo galego un movimento de resistencia hai que pasar ao despregue de todos os medios e fundamentalmente neste momento ofrecerlle á sociedade galega unha alternativa de goberno nos concellos e no país críbel e competitiva que aspire a conquistar o poder político, ferramenta básica para a vertebración nacional. Un galeguismo progresista que fale sen paternalismo ca sociedade galega real.

Assinar:
Postagens (Atom)